Se o dicionario da Real Academia da Lingua Española define a palabra FEIRA como un "mercado de maior importancia que o común", a nós, os membros da Coordinadora de Feiras da Artes Escénicas do Estado español, gustaríanos puntualizar que tamén é un "mercado onde un atopa negocio e compra e vende arte".
 
Tras a chegada da democracia aos municipios, a maioría das cidades españolas recuperaron as súas festas máis tradicionais, e con elas os escenarios naturais: utilizábase a rúa, as prazas públicas, reabríronse e rehabilitáronse moitos teatros. O ocio e a cultura pasaron a ser un servizo, un ben común, abríanse novos mercados, existía unha vontade democratizadora da cultura.

Ese rexurdimento provocou unha demanda maior de novos e variados produtos culturais. Ante esta maior demanda, incrementouse a oferta; uns tiñan a necesidade de mostrar a súa obra -hoxe chamámoslle produto-, outros querían nova información, novas ideas -hoxe chamámoslles programadores-, Neste momento histórico, con máis intuición que experiencia, nace a primeira Feira de Teatro en España: era o ano 1981.

A partir deste momento van xurdindo en todo o Estado español, xa sexa por necesidade ou mimetismo, outras "feiras", foros de encontro, discusión e intercambio; espazos vivos nos que se dan cita as ilusións, os soños e as paixóns, uns mercados que comercian co efémero, que buscan e -xulgamos- lograron, crear, influír e asentarse entre as industrias das artes escénicas.

Tras esa primeira etapa ,que, como dixemos, era puramente intuitiva, na actualidade durante todo o ano, os profesionais do sector podemos xa atoparnos con regularidade, ao longo de todo o ano, en 14 feiras para falar, debater, reflexionar e, sobre todo, coñecer as novas producións. E é que hai un feito certo: cada vez son máis os profesionais que percorren as diferentes feiras para comprar ou vender os novos produtos, podendo así coñecer de primeira man a rica e variada oferta de creacións artísticas.

Cada unha destas feiras ten a súa singularidade. Podemos atopar feiras especializadas xunto a outras máis xenéricas; feiras que traballan diferentes espazos ou formatos; outras que enfocan os espectáculos cara a un sector profesional determinado; unhas máis internacionais, outras cunha programación máis rexional... Pero todas cun obxectivo común, intrínseco, o de conectar os profesionais, facilitando así o intercambio comercial.

Observando a singularidade histórica destas iniciativas no panorama internacional, tras uns anos de tenteo e estudando a necesidade de coordinación e as posibilidades de intercambiar experiencias, as feiras de España, co pulo e o apoio do INAEM -Ministerio de Cultura-, asócianse na Coordinadora de Feiras de Artes Escénicas.

 
Coa colaboración de:
 


 
 

Pz. Sant Antoni, 1 · 25300 Tàrrega - Lleida.
Secretaría: C/ Mayor, 6-5º oficina 2 bis 28013 - Madrid
Teléfono: +34 91 521 21 64. Fax: +34 91 531 40 63

 
dt informática & multimedia

Acceso privado