No ano 2006 constituíuse a Coordinadora de Feiras de Artes Escénicas, que aglutina a algunhas das feiras de artes escénicas máis importantes de España.
Os seus obxectivos pasan por intentar que as feiras que forman parte dela poidan coordinarse e coñecerse mellor, comunicarse e colaborar, realizar estudos e difundirse conxuntamente... Esta Coordinadora de Feiras de Artes Escénicas será ademais o organismo representativo para establecer colaboracións con outras entidades ou organismos e servir de interlocutor válido e representativo ante estes.
Aínda que anteriormente houbo algunha agrupación similar, esta é a primeira ocasión en que unha asociación deste tipo se constitúe legalmente.
 

Actualmente está formada polas seguintes entidades, aínda que está aberta á incorporación de novos membros:
 

 

A sede da Coordinadora establécese en Tárrega sendo:
Presidente, Pau Llacuna i Ortínez, xerente da Fira de Tarrega.
Secretario, Miquel Santamaría, director da Mostra de teatre d 'Alcoi.
Tesoureiro, Alberto García García de los Salmones, director de Umore Azoka de Leioa.
Vogais, Marián Osacar da Feira de Teatro para niños y niñas Feten, e Rosa María García Cano, da Feira de Teatro de Castilla y León - Ciudad Rodrigo.
A
secretaria administrativa está situada en Madrid nas Oficinas de Artemad, e a súa responsable é Isabel Fernández.

 

Pz. Sant Antoni, 1 · 25300 Tàrrega - Lleida.
Secretaría: C/ Mayor, 6-5º oficina 2 bis 28013 - Madrid
Teléfono: +34 91 521 21 64. Fax: +34 91 531 40 63

 
dt informática & multimedia

Acceso privado